|
¿Tarabelos?
...do latín "terebella", no galego "tarabelo":
* "Peza de muíño", para ir moendo e amasando a fariña de onde saen pequenas e grandes tarabeladas.
* "Caravilla de madeira para pechar as fiestras ou as portas por dentro". ...que pecha ou abre a porta da imaxinación, aínda que o noso tarabelo no pecha nada ben…
* "Berbequí pequeno" que tenta facer buratos na apatía, o desánimo, o aburrimento…
* "Carraca formada por unha aspa colocada sobre un pau alto, úsase como espantallo polo ruído que produce o xirar co vento". Para nos significa espantalo estrés, a monotonía e outras especies que estragan colleitas de todo tipo.
* "Persoa irreflexiva, voluble", isto…, aínda non sabemos que ten que ver con nós.

A nosa historia
¡Xa temos historia!, dende principios do 2003 Tarabelos ofrece un abanico grande de posibilidades de ocio e aprendizaxe creativo. Todos vos, moitas “persoas grandes” e tantísimos nenos e nenas fostes moldeandonos pouco a pouco e levando o noso traballo polo camiño que debía andar. Hoxe Tarabelos é diferente, sempre novo, centrado agora nas historias e contos que tanto ensinan, que tanto gustan, que despois de moitísimos anos seguen deixando o seu cheiro en nós. A representación de historias por medio da narración, os títeres, teatro... é algo que chega a grandes e pequenos, que une a pais e fillos, avos e netos. ¿A quen non lle gusta un bo conto?. Pois a iso andamos, “andamos ós contos”.
Durante todos estes anos, os Tarabelos ampliamos a esperiencia coa que xa contábamos traballando en moi diferentes ámbitos da animación, o ocio e tempo libre:
* Animación: Temos animado a centos de nenos e nenas en:
Festas privadas (Comunións, cumpreanos, vodas, bautizos…), animación de rúa (espectáculos, animadores, cachivaches, pasarruas...), animación en centros comerciais, colexios, concellos, asociacións e outros.
E todo isto por medio de: Xogos, festas temáticas, espectáculos, pallasos, contacontos, monitores, maxia, globoflexia, malabares, obradoiros de traballos manuais e artisticos, reciclaxe, xoguetes,…etc.
* Cursos de expresión corporal, animación, decoración, traballos manuais, cociña para nenos...
* Actividades na natureza, saídas, acampadas, sendeirismo, etc.
* Actividades para a educación de valores.
* Actividades de aprendizaxe creatívo: Ciencia, historia, teatro, música, arte, animación a lectura, etc.
* Decoración infantil: Decoración con globos de festas, decoración de centros de ensino e outros.
* Deportes alternativos, obradoiros temáticos (traballos manuais, natureza, populares, etc.),…
* Espectáculos para nenos e nenas: Teatro de títeres, contacontos, maxia, malabares, circo, pallasos....
Esta, é un pouco a experiencia de Tarabelos como grupo, pero a nivel individual e incluso xuntos en moitas ocasións, aínda que non baixo o nome de Tarabelos, cada Tarabelo ten un bo saco de experiencias no ámbito do tempo libre e a animación.

Esteban Acuña
Dende principios do 2003 baixo o título de “Tarabelos” embarcado totalmente no proxecto de levar diversión, alegría, contos e historias, dar a coñecer personaxes fantásticos, peculiares,revivindo aqueles contos de antes e achegando outros novos...
Xa moito antes disto adentrándose pouco a pouco en diferentes técnicas escénicas e de animación (Mimo, teatro, teatro de títeres, malabares, animación, pallaso, guións, escenografía...) participando e dirixindo espectáculos na súa maior parte adicados ó público infantil. Presenta agora unha colección de historias, algunhas delas xa presentadas hai cen anos e agora recordadas, e outras recen paridas da súa cachola chea de paxaros e quen sabe que máis...
¿Cóntovos un conto? 
[Comezo
en Tarabelos.com] [Contacta
connosco] [Entra no noso Blog]

|